Les comunicamos la oferta que nos pasó DIPUTACION DE PONTEVEDRA
Características do programa e servizos ofertados
O programa consiste en pasar seis días con cinco noites durante os meses de febreiro, marzo,abril (excetuando Semana Santa) e maio, nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións beneficiosas, da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa con bebidas incluidas. As entradas no hotel realizaranse os domingos a primeira hora da tarde e as saídas serán os venres pola mañá ou despois do xantar para quen o desexe (inda que a habitación se deixe antes das 12 horas).
O paquete inclúe ademáis da estancia e a pensión completa, a utilización do spa, balneario ou outras instalación específicas.
No caso de non formarse grupo nun concello (mínimo 10 persoas) o punto de saída sería o concello máis próximo que forme grupo, sendo o número máximo por hotel de 55 pax en cada estancia.
Destinatarios e requisitos dos mesmos
Poderán acceder ao programa todas as persoas que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía y que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan:
1. Persoas de 50 ou máis anos
2. Pensionistas
3. Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar .
Inscripción dos/das participantes. Documentación a presentar
* Impreso de solicitude, debidamente cuberto (recolllerase o modelo oficial no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ou na súa delegación de Vigo, ou ben se poderá baixar da páxina web da Deputación).
* Fotocopia do DNI.
* Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso
Lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes dos/das participantes deberán presentarse no rexistro xeral de esta Deputación, no rexistro da delegación da Deputación en Vigo (de luns a venres) ou por correo, ata o 25 de febreiro de 2010. As prazas adxudicaranse por orden de rexistro.
Formas de pago: unha vez adxudicada a praza a axencia de viaxes porase en contacto para os trámites de pago
No hay comentarios:
Publicar un comentario